|
Tags: ARCO CORUÑA DA FASGANA GALICIA LOURIZAN LUGO ORENSE PONTEVEDRA VELLA XOAN
Channel: People & Blogs
Uploaded: July 21, 2008 at 12:25 pm
Author: XOANARCODAVELLA
Length: 02:17
Rating: 5.00
Views: 30
PETROGLIFOSDACARBALLEIRALOURIZ NPONTEVEDRA Esta parroquia linda ó norte coa de Salcedo e a Ría de Pontevedra, ó sur coa parroquia de Salcedo e a parroquia de San Xulián de Marín, ó leste con Salcedo e ó oeste con San Xulián de Marín e a Ría.Conta con 4.000 habitantes, aproximadamente, repartidos nas entidades de Agrovello, Carballeira, Caritel, Camboa, Cunchidos, Estrivela, Igrexa, Meán, Nogueiras, Outeiro, Pexegueiro, Praceres, Regueiriño, Rial, Rorís e RozoDista 4 kms. da capital do concello e comunícase por medio da autovía Pontevedra-Marín. Existe tamén a estrada antiga por onde circula, principalmente, o transporte público.Bañado por pequenos regatos, o término rexistra unha altitude máxima de 100 m. e os seus accidentes costeiros máis importantes son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres, e as praias de Lourizán e Praíña.A Parroquia conta con importantes restos arqueolóxicos. Precisamente o Colexio conta cuns petroglifos dentro do recinto escolar que se atopan inventariados pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental coa clave de identificación GA36038041, e foron declarados Bens de Interese Cultural mediante o decreto 3741/1974, do 20 de decembro, e aasí mesmo están incluídos no catálogo de xacementos arqueolóxicos protexidos polo PXOU de Pontevedra.O lugar de maior interese para o visitante é a finca da familia Montero Ríos coñecida como o Pazo de Lourizán dedicado hoxe en día a centro de investigacións forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de Santo André.A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres normalmente no mes de maio. |