Hybrid Cars Hybrid Vehicles New Cars Green Vehicles Green Cars Electric Cars

Hybrid Cars Hybrid Vehicles New Cars Green Vehicles Green Cars Electric Cars
 
 

 



MILLADOIRO en Concerto_I Festival Folc de Narón08_(Galego)
Hybrid Cars
Hybrid Cars Hybrid Cars
Hybrid Cars




Video Url:

Tags: 2008  concerto  ferrolterra  festival  folc  folk  galicia  galiza  milladoiro  naron  xuvia  
Channel:
Music
Uploaded: July 22, 2008 at 1:24 pm
Author: papigil
Length: 10:57
Rating: 4.83
Views: 438
(((GALEGO))).Na Música Galega hai un antes e un despois de...MILLADOIRO.É o primeiro grupo de música galega con trazos de modernidade, fortemente vinculado ao mesmo tempo coa Música de Galiza. Nacido a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional galega "Faíscas do Xiabre" (Antón Seoane e Rodrigo Romaní), fórmase ao redor dunha cultura ancestral e a canción Celta, recuperando a tradición e o son de instrumentos como a gaita, a arpa, a zanfona, o clarinete, a ocarina ou o bouzouki.O seu primeiro concerto celebrouse o 15 de maio de 1979 no Colexio Salesianos de A Coruña. Gravaron discos instrumentais, vocais e con orquestras sinfónicas, compuxeron para o cine e realizado producións e múltiples colaboracións . Milladoiro non cesa na súa procura de novos rexistros, abertos a toda proposta. Milladoiro é un dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo, ademais de participar no campo da fusión e investigación de novas formas artísticas.Hoxendía, Milladoiro traballa na súa última grabación, "A Quinta das Lágrimas", onde se conta a relación amorosa entre doña Inés de Castro e o infante don Pedro, por unha banda, e por outra a relación entre Galiza e Portugal. De igual xeito, rematou recentemente a composición e a grabación da banda sonora da película "Las Galas del Difunto" (José Luís García Sánchez), basada na obra homónima do escritor galego Don Ramón María del Valle Inclán.*DISCOGRAFÍA:· 1978: "Milladoiro" (Antón Seoane, Rodrigo Romaní e Xosé V. Ferreirós).· 1979: Primeiro disco de Milladoiro: "A Galicia de Maeloc" (que introduce unha tonada irlandesa, abrindo paso ao celtismo da música galega). Milladoiro comeza a actuar nos festivais de Ortigueira e Lorient.· 1980: "O berro seco". Actúan no festival de Edimburgo.· 1982: "Milladoiro III". A BBC grava en Galicia e Escocia un episodio sobre Galicia chamado "Os celtas divírtense", coa colaboración de Milladoiro.· 1984: "Solfafría" e "Ris orangis" (en directo, desde París).· 1985: Banda sonora da película "La mitad del cielo", de Manuel Gutiérrez Aragón.· 1986: "Galicia no país das marabillas".· 1987: Banda sonora das películas "Divinas palabras" (de José L. García Sánchez), e "La memoria fértil" (de Domenech).· 1989: "Castellum Honesti". Colaboran con Paul Winter no disco "Solstice Winter".· 1990: Banda sonora da exposición "Galicia no tempo".· 1992: "From Kinsale to A Coruña" coa Orquestra da Radio-Televisión Eireana (Bill Whelan).· 1993: Banda sonora "d´Os camiños de Santiago", serie de TVE-TVG.· 1994: "Iacobus Magnus", gravado coa English Chamber Orchestra.· 1995: "Gallaecia Fulgit" , "As fadas de estraño nome", a banda sonora de "El rey del río" (de Manuel Gutiérrez Aragón) e colaboran con Liam O´Flynn en "The given note".· 1997: Colaboran en varios discos colectivos internacionais.· 1998: "Travesías", obra para orquestra sinfónica.· 1999: "No confín dos verdes castros", "Auga de maio", un disco non que hai dous temas cantados por Ana Belén e Olga Cerpa.· 2002: "O niño do sol" onde contan coas colaboracións vocais de Laura Amado, Kathy Mattea e Faustino Santalices (recuperando a súa voz dunha gravación duns 50 anos atrás).· 2002: "Adóbrica Suite", proxecto por iniciativa do Concello de Ferrol.· 2005: "XXV"-aniversario-.· 2006: "Unha estrela como guía", disco enteiramente vocal sobre textos do poeta Manuel María.*COMPOÑENTES:*Membros fundadores:· Rodrigo Romaní (harpas, bouzouki, guitarra acústica, ocarina e voz) 1978-2000· Xosé V. Ferreirós (gaita, mandolina, oboe, bouzouki, percusións) 1978...· Nando Casal (gaita, clarinete, tin whistle, percusións, voz) 1978...· Antón Seoane (teclados, guitarra, zanfona, acordeón, voz) 1978...· Xosé A. Méndez (frautas) 1979...· Moncho García Rei (bodhran, percusións, tamboril, voz) 1978...· Laura Quintillán (violín) 1979-1980*Outros membros:· Michel Canadá (violín) 1980-1993· Antón Seijó (violín) 1993-1999· Harry C. (violín) 1999...· Roi Casal -fillo de Nando Casal- ( harpa, bouzouki, ocarina, percusións) 2000...· Manú Conde (guitarras, bouzouki) 2000...*PREMIOS:· 1986: Premio Goya pola banda sonora da película "A metade do ceo".· 1992: Mención honorífica da Indie Award (Texas, USA).· 1994: Premio Castelao (Xunta de Galicia).· 2006: Premio Trasalba.*BIBLIOGRAFÍA:· Estévez, Xoán Manuel (1999): "Milladoiro. Moito máis que un grupo de música folk", Vigo (Ir Indo Edicións).· Pérez Pena, Marcos (2006): "Milladoiro. A Galicia de Maeloc. Unha fotobiografía", Vigo (Editorial Galaxia).*WEB DE "MILLADOIRO": www.milladoiro.com(Imáxenes gravadas en vivo o domingo día 20 de xullo de 2008 )**Nota.- Video disponible na súa versión de Texto Inglés e Español.

Video Comments

papigil (August 5, 2008 at 3:48 pm)
¡Ola, amigo carlinhos21287!. Moitas grazas a ti polo teu Comentario.¡Apertas!.
papigil (July 28, 2008 at 6:32 am)
¡Ola, Hameysenda!. "Ézaro único", deixaches un fermoso video en resposta.Alédame que disfrutes de Milladoiro, amig@. ¡Un gran saúdo para a Costa da Morte!.
carlinhos21287 (July 27, 2008 at 7:17 pm)
moitas grazas por este video
Hameysenda (July 27, 2008 at 6:07 pm)
Unha lediciaGrazas
papigil (July 24, 2008 at 11:26 am)
Opaiii !!!
serxiopurificos (July 23, 2008 at 11:20 pm)
opa iii
papigil (July 23, 2008 at 12:20 pm)
¡Ola, Antonio!. É o que hai, se o Rock xa ten un Rei O FOLC GALEGO TAMÉN TEN O SEU: ¡¡¡MILLADOIRO!!!Sonche un eixo Histórico na Música Galega Xeral, mestres, precursores, dos verdadeiros iniciadores do xénero en Galiza e seguimos a disfrutar dos seus concertos, do seu directo, do seu traballo. ¡A súa inspiración sigue viva!.¡Sáudos, amigo!.
papigil (July 23, 2008 at 12:14 pm)
Aínda non cheguei a escoitarche tocando a guitarra, e posible que te animes a facelo nalgún dos teus vindeiros videos. O que si está ben rexistrado e o teu BO FACER coa voz, que tamén é un instrumento.¡Apertas, José, compañeiro!.
papigil (July 23, 2008 at 12:12 pm)
Aínda quédame moito moito moito traballo e moito moitísimo e aínda moito máis que aprender pra chegar a facer as cousas verdadeiramente dignas cara ao que merece Galiza, pero hame resultar un aprendizaxe e unha práctica moi boa de levar grazas aos amigos coma ti, co voso meirande apoio que sempre emociona. (...segue)
antoniomoas (July 23, 2008 at 11:35 am)
Historia do folc galego:-Milladoiro-Os demáis.

Back To: Hybrid Cars - Hybrid Vehicles
Home | Model Kits For Sale | Collectible Figures Gallery | Voice Talent | Voice Overs
Add Your Site NOW | Web Design | Scooters | Fitness Equipment | Home Theater | Video Games
Prank Phone Calls | The SideShow | Funny Videos | Web Hosting Providers
Domain Name Registration
| Links | Contact

GRAPHICS MENU
Animations
Tools To Help
ADD URL




Scooters


Web Site Hosting and Domain Name Registration

HOT LINKS
MoJo Scooters
MediaRocket

Voice Imaging
1959 Cadillac
Monster Galaxy

Nurple Media
fLickerpiss
Graphic Design Media
MunkFish
Fitness Equipment
Convertible Cars

Voice Overs
 

 

Hybrid Cars Hybrid Vehicles New Cars Green Vehicles Green Cars Electric Cars


Hybrid Cars - Hybrid Vehicles © 2008 All Rights Reserved. Nurple .com
Domain Name Registration and Web Site Hosting
Domain Name Registration and Web Site Hosting